A feira do 26 celebrarase mañá nas rúas do contorno do Parque Barbaña
Os postos da tradicional feira de Ourense que se desenvolve os días 7, 17 e 26 de cada mes no parque Barbaña ubicaranse mañá, mñercores, nas rúas colindantes ao parque: Carriarico, Pura e Dora Vázquez e Irmáns Xesta.
Este cambio de ubicación ten coma finalidade compatibilizar o desenvolvemento do tradicional mercado coas Festas da cidade, cuxas atraccións infantís se atopan durante esta semana no Parque Barbaña.
O Concello solicita aos veciños que desculpen as molestias que ocasione o cambio, necesario para compatibilizar o desenvolvemento de ambas actividades. Tamén solicita aos conductores que circulen por itinerarios alternativos ás rúas, Carriarico, Irmás Xesta, Pura e Dora Vázquez e Villa Valencia, que permanecerán pechadas ao tráfico ao longo da mañá, permitindo en todo caso a entrada e saída aos garaxes.











