A fase provincial da zona norte do campionato galego de fútbol prebenxamín será este sábado nos campos da Gándara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, informou hoxe da celebración da fase provincial da zona norte galega de fútbol categoría prebenxamín o vindeiro sábado 8 de xuño nos campos de fútbol da Gándara en xornada de mañá e tarde. No acto de presentación, a edil estivo acompañada polo delegado de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mesa; o representante da entidade deportiva, Enrique Soto; e o presidente da Asociación de Fútbol Afeccionado de Ferrol (AFAFE), Francisco Fajardo.

Os oito equipos clasificados reunirán a un total de 144 deportistas, e cómpre destacar que dous destes clubs son o Galicia de Caranza e o Rápido de Neda. Na competición, os dous primeiros clasificados xogarán a fase final do Campionato Galego xunto aos dous clasificados na zona sur. A edil ferrolá quixo desexar moita sorte aos equipos de Ferrolterra e tamén felicitar aos organizadores deste evento de deporte de base “moi importante para a cidade”.

Pola súa parte, os tres representantes das entidades deportivas quixeron agradecer a colaboración da Administración Local e a súa aposta polo fútbol. O evento deportivo comezará ás 10:00 horas e está organizado pola Federación Galega de Fútbol e os equipos pertencentes á AFAFE que contan co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Ferrol.

5 de xuño de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.