A Eurocidade Chaves-Verín acolle Maratóns de Fútbol-Sala
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá, os vindeiros tres fines de semana, tres Maratóns de Fútbol-Sala nos que participarán xogadores portugueses e españois.
Este evento deportivo, realizado no Pavilhão Municipal de Chaves, se iniciará coa VII edición do Maratón Feminino de Fútbol-Sala, os días 22 e 23 de xuño, seguido do XII Maratón Fútbol-Sala Veterano durante o 29 e 30 de xuño, e finalizará co XXII Maratón Fútbol-Sala Cidade de Chaves as xornadas do 05, 06 e 07 de xuño.
Esta iniciativa pretende promover a práctica deportiva e fomentar a atracción da poboación, así como proporcionar fins de semana deportivos ao territorio da Eurocidade. Trátase dunha actividade organizada polo Hoquei Clube Flaviense e conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín por terceiro ano consecutivo.
A Eurocidade Chaves – Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).











