A Escola Municipal de Teatro pecha a programación cultural de primavera do Concello de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+
Instante da actuación do grupo de teatro

Instante da actuación do grupo de teatro

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Tomiño pechou onte en Goián, a programación cultural de primavera, dedicada ao teatro.

Un auditorio abarrotado de público (sobre 300 persoas), quixo dar o seu respaldo á escola municipal, que leva xa varios anos traballando da man de Tamara Gonzalez Campos (compoñente de Migallas Teatro). A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, compartiron auditorio cos veciños e veciñas asistentes.

“O nacemento do dragón” e “O pano da avoa” foron as dúas pezas escollidas para por o broche final á programación da tempada de primavera, pola que pasaron nomeadas compañías teatrais de ámbito galego.

A primeira, protagonizada por uns 20 nenos e nenas da aula infantil, conxugou literatura, caligrafía e ilustración, para contar a orixe do dragón (criatura mítica da cultura chinesa) a partir das guerras provocadas por tribos que adoraban a diferentes animais. Os nenos, fartos de tanta morte, inventaron un animal que simbolizase a paz, algo que conseguiron e que chegou ata os nosos días.
A escenografía, a base de murais despregables, con ideogramas e escritura chinesa, foi outro dos atractivos.

A segunda proposta teatral de onte estivo a cargo da aula xuvenil: “O pano da avoa”; unha reflexión sobre os valores e cultura dos maiores traspasados de xeración en xeración; unha obra colectiva en que a partir dun obxecto de aparencia vulgar, cóntase unha historia de alegrías e tristuras, de valores que cambian ao longo dos anos, e dos que permanecen.

17 de xuño de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.