A escola municipal de música realizará unha demostración como acto de peche deste curso
A Escola Municipal de Música, co gallo de peche do presente curso escolar, celebrará un acto que consistirá nunha demostración musical dos nenos e nenas que participan en dita actividade promovida pola Concellaría de Cultura, ademais dunha entrega de diplomas.
Esta derradeira actividade terá lugar mañá xoves, a partires das 18.30 horas, no salón de actos da Alianza Aresana.











