A Escola de Ocio de Verán comeza este luns na casa da cultura de Ribadumia con 40 nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

A Escola de verán de Ribadumia comeza este luns coa participación de 40 nenos. Este programa, que pretende garantir a conciliación laboral e familiar dos usuarios, desenvólvese entre as 8.00 e as 14.00 horas. Este ano volvéronse a cubrir todas as prazas ofrecidas desde o Concello de Ribadumia, quedando 9 persoas en lista de agarda.

Os monitores realizarán , xogos e obradoiros organizados para que os participantes gocen das mañás de verán, ao mesmo tempo que se ofrece unha resposta ás necesidades das familias para garantir a conciliación horaria. A programación inclúe manualidades, coas que se pretende desenvolver as capacidades de creación e expresión artística, proporcionando ao alumno unha ampla variedades de técnicas e coñecemento prácticos. Tamén se proxectan actividades de animación a lectura e saídas ao parque infantil e á Carballeira de Ribadumia, onde participar en xogos e prácticas deportivas.

Dende o concello, a alcaldesa Salomé Peña resalta que “é un programa que se está consolidando. A súa calidade e funcionalidade atraen cada ano a participación de máis nenos. As nais e os pais están tranquilos porque saben que os seus fillos están atendidos por profesionais e, ao mesmo tempo, os nenos disfrutan das súas vacacións en compañía doutros rapaces e con actividades lúdicas”.

28 de xuño de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.