A Escola de Canteiros exporá os seus traballos desde o día 15 no Casal de Ferreirós, Poio
A mostra está composta por 37 obras, na súa meirande parte de escaiola e cemento policromados, realizadas tanto por alumnado da actual da Escola de Canteiros coma outros que xa finalizaron os seus estudos. Os novos canteiros mesturan, nesta mostra, un repertorio variado pero coherente, mantendo unha conexión entre as obras mostradas para poder amosar unha perspectiva aproximada do potencial do centro formativo
Escola de Canteiros
A Escola de Canteiros, único centro das súas características en España, inaugurouse hai 30 anos co obxectivo de conservar unha parte da cultura galega e proxectala máis alá das súas fronteiras e tamén para fornecer ós interesados dunha completa formación en escultura, cantería, historia da arte ou modelado. Moitas das súas esculturas presiden prazas e rúas de cidades de todo o mundo, o que a converte nun gran referente da provincia a nivel internacional.











