A Domus da Coruña acolle ata o próximo luns a exposición ‘ Eureka! ‘
A Concellaría de Cultura que dirixe o tenente de alcalde Ana Fernández informa de que o próximo luns, 24 de xuño, será o último día para visitar a exposición Eureka!, na Domus. A mostra interactiva presenta a creatividade asociada ao mundo da ciencia.
A través de actividades interactivas, escenografías, audiovisuais, paneis gráficos e outros medios, en Eureka! propóñense experiencias como a de descubrir como funciona o cerebro ao intentar debuxar unha figura ao revés, resolver problemas de enxeño, ou coñecer inventos tecnolóxicos inspirados na natureza. Esta exposición ten unha versión online que se pode visitar na páxina web http://eurekaciencia.org/.











