A Domus celebra o domingo a final do XV Premio Luis Freira de investigación científica na escola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo domingo, 8 de xuño, a partir das 10.00 horas se celebra a final do XV Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola. Alumnos de Secundaria de cinco equipos Cambre, Viana do Bolo, Santiago de Compostela e Lalín, e tres profesores de Primaria da Coruña e Arteixo defenderán os seus traballos. Ao acto, que é público, asistirán compañeiros, familiares e amigos dos finalistas.

O Luis Freire é un premio de investigación que invita os estudantes galegos de Secundaria a demostrar a súa creatividade científica. Nesta convocatoria engadiuse unha nova modalidade, destinada a profesores de Educación Primaria, aos que se invitou a presentar proxectos de investigación desenvolvidos cos seus alumnos.

Estes son os traballos que chegaron á final:

Modalidade de Educación Primaria Obrigatoria:

– Como podemos mellorar o crecemento das plantas empregando os restos das merendas e a humidade da aula?, presentada por Gutier Pardo Costa, do CEIP María Pita da Coruña.

– É verdade que se bebemos auga ao revés se che quita ou impo?, presentada por Begoña Codesal, do CEIP ponte dous Brozos de Arteixo.

– A cor dos alimentos que toman os caracois inflúe, ou determina, a cor da caca que depositan?, presentada por Isabel Espiñeira Suárez, do CEIP ponte dous Brozos de Arteixo.

Modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria:

– Cal é o mellor método para provocar o bocexo?, presentada por Martín Patiño Vázquez, Rodrigo Ramos Souza e Ignacio Ruiz Pérez, do IES David Buján de Cambre.

– Que millo crece máis rápido e con mellor aspecto: o transxénico ou o natural?, presentado por Damián Anta Fernández, Víctor Fernández Fernández, Marta Fernández Guerra e Paula Núñez Páez, do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

– A música e a memoria É mellor a memoria en persoas que tocan ou tocaron un instrumento?, presentado por Raquel Andrade, Olalla Barrio, Carmen Bascuas e Lara Martínez, do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

– Que afecta máis á cantidade de osíxeno liberado na fotosíntese, a intensidade da luz ou a cantidade de dióxido de carbono (CO2)?, presentado por Ana Basante García, Sofía Mascareñas Pazos e Marcos Vázquez Rendo, do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

– A que velocidade se moven vos caracois?, presentado por Rubén Carballude Reboredo, do IES Laxeiro de Lalín.

FALLO E ENTREGA DE PREMIOS

Tras a exposición dos traballos o Xurado retirarase a deliberar e emitirá o fallo, o que terá lugar sobre as 13.30 horas do mesmo sábado 8 de xuño, para continuar coa entrega dos premios.

O XV Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polo Concello da Coruña- Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, El Corte Inglés, e a Fundación Barrié a través da súa iniciativa educativa educaBarrié.

6 de xuño de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.