A Deputación cede as instalacións do Colexio Calvo Sostelo para acoller aos participantes do campus organizado polo Leyma Básquet Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+

A Deputación da Coruña cederá por segundo ano consecutivo as instalacións do Colexio Calvo Sostelo para acoller aos participantes do XIV Campus Memorial Antonio Díaz Miguel organizado polo Leyma Básquet Coruña e que se celebrará do 21 ao 28 de xullo.

O acordo entre a institución provincial e a entidade presidida por Carlos Lamora permitirá que 150 mozos e mozas de entre 8 e 18 anos poidan completar a súa formación baloncestística dirixidos por un gabinete técnico encabezado por Fernando Romay e Pepe Casal.

A idea do campus foi concibida e posta en marcha polo ex seleccionador de baloncesto de España Antonio Díaz Miguel para mozos e mozas de toda a provincia.

Tras a súa morte no ano 2000, o campus seguiu celebrándose cada verán en Mondariz-Balneario como homenaxe a unha das figuras máis destacas do baloncesto nacional de todos os tempos, chegándose a converter nun dos máis prestixiosos do país.

10 de xuño de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.