A Coruña conmemora o venres o Día do Orgullo LGTB cunha gran gala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo venres 14 de xuño, se celebra a gran gala de conmemoración do Día do Orgullo LGTB. O evento, de 7 horas de duración, contará coa presenza de destacadas iconas gay como Shimai, DJ Neno Fixo ou Soraya ademais de grandes profesionais da nosa cidade como Dj Licho, Dj Flashback ou Las Olsens.

O evento, arrancará ás oito da tarde co tradicional desfile do orgullo que percorrerá a cidade en tren dende o Aquarium Finisterrae ata os xardíns de Méndez Núñez onde se desprazarán as celebracións:

– 20.00 horas. Presentación gala con Shimai.
– 20.15 horas. Dj Licho.
– 21.15 horas. Deejays Olsens.
– 22.30 horas. Lectura do manifesto do Orgullo Gay.
– 22.45 horas. Dj Iván Flashback.
– 00.10 horas. Concerto Soraya.
– 02.00 horas. Dj Niño Fixo.

Na Domus instalarase ademais, entre o 13 e o 28 de xuño, a bandeira multicolor que simboliza o orgullo LGTB.

9 de xuño de 2013 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.