A Coruña acollerá un novo partido amigable da Selección Española de Baloncesto o 20 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Sinatura do contrato de patrocinio

Sinatura do contrato de patrocinio

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu esta mañá á firma do contrato de patrocinio que a empresa GADISA rubricou coa federación Española de Baloncesto para incorporarse ao proxecto Ciudad Colaboradora do Mundial de Baloncesto 2014. Esta colaboración permitirá que a nosa cidade poida albergar partidos amigables da Selección Española de Baloncesto en 2013 e 2014, como preparación do Europeo e do Mundial respectivamente, así como un programa para o fomento do baloncesto de base impulsado dende o Concello coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e do club Basquet Coruña. Á firma deste acordo asistiron, ademais de Carlos Negreira, Roberto Tojeiro por GADISA, Jose Luis Saéz pola Federación Española de Baloncesto, e Francisco Micó pola Federación Galega de Baloncesto. A data para o novo partido amigable da Selección Española de Baloncesto na nosa cidade esta prevista para o 20 de agosto deste ano.

11 de xuño de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.