A corporación de Cambre recibe a Sofía Touro no Concello tras o seu recente campionato do mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportesLocal
A-
A+
Recepción á deportista

Recepción á deportista

O alcalde de Cambre, o popular Manuel Rivas, recibiu hoxe a Sofía Touro xunto a varios voceiros da corporación. O primeiro edil entregou unha escultura de cristal que leva unha inscrición que reza ” Á nosa Campioa Mundial”. Rivas ofreceu un discurso emotivo no que destaco que Touro “Dende a corporación que presido me gustaría darche o parabén polo recente Campionato do Mundo de Match Race, e quixera tamén che dar as grazas polo exemplo que lles dás os nosos mozos cambreses e os non tan novos. GRAZAS SOFIA. Os teus éxitos axudan a este concello a ser máis grande”, destacou.

Ademais, Rivas apuntou que Sofía levou o nome da súa localidade por todo o mundo e é estamos orgullosos de que leves o nome do teu concello por todos os océanos e continentes do mundo”, apuntou.

A regatista a pesar da súa xuventude (22 anos) xa conta cun palmarés dificilmente superable. Foi campioa de España en 2010 e 2011, así como campioa iberoamericana en 2010 e campioa de Europa en 2011, medalla de ouro en Londres e agora campioa do mundo”

Así mesmo, o alcalde aproveitou para pedirlle á regastista que sexa a pregoeira oficial das Festas de Santa María de Cambre. “Quixera pedirte con permiso de toda a corporación que foras a pregoeira oficial das nosas festas, e espero que che faga a mesma ilusión que a nós que é moita”.

Pola súa banda, Sofía Touro, agradeceu á corporación a recepción e asegurou que lle fai moita ilusións o convite proposto polo primeiro edil para dar o pregón das Festas. Ademais, agradeceu o cariño co que o tratou o concello e os cambreses. “As miñas compañeiras aínda non teñen a sorte de ter un pavillón co seu nome”, apostilou a medallista olímpica.

Ademais, o alcalde destacou a valía humana da regatista cambresa, ao afirmar que agora se acha ante un novo reto. “Agora enfróntasche a outro reto o cambio de modalidade, o cambio de embarcación de forma obrigada, dende xaneiro adestras coa clase 470, coa que intentarás lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2016. Se q conseguiralo porque a pesar dos teus 22 anos tes unha madureza e unha constancia que non me deixa albergar ningunha dúbida sobre este reto duro”, sentenciou.

21 de xuño de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.