A Concellería de Xuventude e Asfedro organizan un obradoiro de elaboración de cócteles sen alcohol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A Concellaría de Xuventude, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, organiza con Asfedro unha nova actividade. Trátase, como explicou a concelleira, dun obradoiro, enmarcado dentro do eido de iniciativas de prevención que promove esta área, de elaboración de cócteles sen alcohol.

O obradoiro, que se desenvolve en colaboración con Asfedro, terá lugar mañá venres na Casa da Xuventude, entre as cinco e as sete da tarde, e vai orientada a mozos e mozas de 13 anos en adiante. As persoas que desexen participar nesta actividade poderán facelo dun xeito libre e sen custe algún.

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á PERRUQUERÍA

Tamén promovido por esta área e a de Cultura e, como o anterior obradoiro, coa Casa da Xuventude como escenario, mañá celebrarase a actividade de Iniciación á perruquería, unha iniciativa que se enmarca dentro dun programa de obradoiros presentados en comisión o pasado mes e que se desenvolverán ao longo deste mes e o de xullo.

O obradoiro de iniciación á perruquería –o segundo dun programa que se iniciou o pasado día 7 co de iniciación á maquillaxe, cun elevado éxito de participación- terá lugar entre as sete a as nove da tarde e para tomar parte no mesmo haberá que inscribirse previamente na OMIX ou no teléfono 981 448 057. Estes obradoiros teñen un custe de tres euros.

20 de xuño de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.