A Concellería de Cultura programa un novo ciclo de monólogos que comezará despois do verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, presentou hoxe o novo ciclo de monólogos que comezará despois do verán no Teatro Jofre. A iniciativa estará composta por tres espectáculos humorísticos de Goyo Jiménez, Berto Romero e o dúo entre Leo Harlem e Dani de la Cámara.

Este novo ciclo de monólogos dará comezo o domingo 29 de setembro ás 20:00 horas no teatro municipal. A primeira función será a de Goyo Jiménez, que presentará o seu novo espectáculo inédito en televisión que leva por nome “En verdad os digo”. Así, o día 13 de outubro o ciclo continuará co monólogo “Sigue con nosotros” de Berto Romero para finalizar o 1 de decembro con Leo Harlem e Dani de la Cámara coa presentación de “¿Qué hay de nuevo?”. Os catro humoristas participantes neste ciclo de monólogos están considerados os mellores do país. O edil de Cultura manifestou que “a nosa finalidade ao comezo do goberno era resucitar o Teatro Jofre e estamos acadando o obxectivo con actuacións tan exitosas como a de Luis Piedrahita”. Ademais, García Hurtado engadiu que esta nova programación responde ás suxestións demandadas pola cidadanía.

28 de xuño de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.