A concellería de Cultura abre a inscrición para participar nun concerto de grupos de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A partir de mañá martes e ata o día 12 de xuño, estará aberto o prazo para que os grupos musicais monfortinos que desexen participar no concerto inaugural das festas de agosto poidan inscribirse na oficina municipal de Cultura.

O domingo día 11 de agosto, primeiro día das festas patronais, a concellería de Cultura ten previsto organizar na praza de España un concerto no que participarán catro grupos da cidade. Por este motivo, dende a citada delegación e co obxecto de coñecer cantas formacións musicais estarían interesadas en participar, ábrese un prazo de preinscrición dirixido a estes grupos musicais.

Despois do día 12 de xuño, os grupos de pop e rock que se tiveran anotado na oficina municipal de Cultura, situada na Casa do Concello, serán convocados a unha reunión na que se lles informará sobre o proceso de selección dos catro grupos que, entre tódolos inscritos, formarán o cartel dese concerto. Así mesmo, tamén se lles dará conta das condicións da citada actuación.

3 de xuño de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.