A Concelleira de Deportes recibe ao Club de tenis de mesa San Xoán logo do seu ascenso á 1º división

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Recepción ao Club San Xoán

Recepción ao Club San Xoán

A concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, recibiu esta mañá ao equipo directivo e aos cadetes do Club de Tenis de Mesa San Xóan con motivo do recente ascenso do equipo á 1º división nacional. No acto, que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, tamén estiveron presentes outros membros da Corporación Municipal.

Na súa intervención, a edil de Deportes quixo desexar a continuidade do club na primeira división nacional e engadiu que “o traballo conxunto fai os bos resultados. Ademais, Susana Martínez recordou que o gran número de ascensos dos clubs da cidade “demostran a calidade do deporte ferrolán”. Pola súa banda, o presidente do Club de Tenis de Mesa San Xoán, Manuel Fernández, quixo agradecer o apoio do Concello de Ferrol “sen o que sería moi difícil lograr estes éxitos”. A titular de Deportes fixo entregar ao presidente do club ferrolán dunha cerámica de recordo cunha reprodución do Castelo de San Felipe.

14 de xuño de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.