A Concellaría de Servizos Sociais da Coruña achega 60.000 euros a Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa da firma dun convenio de colaboración con Cáritas, polo que o Goberno local achega un total de 60.000 euros a esta entidade.

Esta cantidade destínase a atención primaria, ao programa de axudas que Cáritas desenvolve e que se dirixe a cubrir as necesidades, problemas ou situacións de marxinación e pobreza, que a entidade atende día a día.

Este convenio é unha nova mostra da aposta que o Goberno local está a facer, nos últimos dous anos, polos Servizos Sociais e que supuxo, neste tempo, un incremento de case o 58% nas cantidades destinadas a entidades que desenvolven o seu labor social na cidade e que complementan as accións realizadas dende o Concello.

17 de xuño de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.