A Concellaría de Cultura de Gondomar organiza un Fin de Semana Cultural en Couso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomarLocal
A-
A+

A Concellaría de Cultura, que dirixe Ignacio Troncoso, dentro do seu programa cultural para a tempada estival, organiza para este último fin de semana de xuño tres xornadas culturais na parroquia de Couso, con música, cine e teatro.

O venres 28, os veciños e veciñas de Couso poderán gozar dunha sesión de cinema co filme ‘El exótico hotel Marygold’ que se proxectará ás 22.30 horas. Para o sábado 29, Cultura programa unha noite de teatro co espectáculo ‘Viva a Crise’ da compañía Fulano, Mengano e Citano a partir das 21.00 horas. E para rematar o fin de semana, o domingo 30 o Coro da Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto desde as 11.30 horas da mañá.

Ciclo de Concertos na Praza Paradela

Este domingo 30 será o turno de Fíbulas con Swaroskys  que, xunto á Banda de Gaitas Novos Aires de Couso, actuará desde as 12.30 horas.

26 de xuño de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.