publicidade hoxe

A Cañiza acollerá durante os meses de xuño e agosto o proxecto ARTESPANTALLO 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

06062013-15A Cañiza acollerá durante os meses de xuño e agosto o proxecto ARTESPANTALLO 2013 organizado pola Asociación Cultural A Cañada da Arte en colaboración co Concello de A Cañiza, a Consellería de Educación e O.U., a asociación O Covil dos Mouros, Topogalicia e  O Fogar do Bárbaro.

PROGRAMACIÓN XUÑO – AGOSTO 2013

Obradoiros no colexio: Durante o mes de Xuño os nenos e nenas do CPI da Cañiza, realizarán obradoiros de elaboración de espantallos.

Tertulias formativas:

“Remedios naturais para evitar e combatir as pragas e  enfermidades mais frecuentes nos nosos cultivos”. Relatora: Ana Gómez, (agricultora).

Domingo,  2 de xuño  ás 18:00

Lugar: Os Mouros . Crecente

 “Paradanta Saúde” .

Relator: Jose Antonio Martínez

Sábado, 8 de xuño ás 11.00 h.

Lugar: Multiusos  Aula 1 (Rúa Progreso, 21)

“Como rexistrar unha propiedade?”

Relatores: Tino Carrera Márquez, topógrafo.

Jose Angel Carrera, avogado.

Sábado, 15 de xuño ás 11.00 h

Lugar: Multiusos Aula 1 (Rúa Progreso,21)

Teatro:

Obra: “O Cadro do espantallo”

Sábado, 24 de agosto ás 21.30 h.

Lugar: Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza.

Sipnose: Os cambios que trouxo o progreso o mundo rural, visto a través dos ollos dun ser en vías de extinción, que ficaba nas leiras cun fin moi concreto, que os paxaros non comeran o millo e o gran.

Exposición Fotográfica:

Mes:   Agosto    Lugar: Concello da Cañiza (Rúa Oriente, 11)

Exposición fotográfica con todos os espantallos inscritos durante o mes de Xuño  na Biblioteca Municipal da Cañiza.

Exposición de Pintura:

Todo o mes de Agosto haberá unha exposición permanente no Concello da Cañiza (Rúa Oriente, 11).

6 de xuño de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.