A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) visitou a localidade da Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocalLocal Portada
A-
A+
Recepción municipal á Brilat

Recepción municipal á Brilat

A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat), visitou un ano máis no mes de xuño, a localidade da Pobra do Caramiñal. Foron, nesta ocasión, 20 dos integrantes que participaron na Marcha Tui-Santiago, da que resultaron gañadores sobre un total de vinte patrullas competidoras, os que recalaron na vila pobrense.

Durante a mañá do venres 28, tiveron tempo de percorrer algúns dos lugares máis emblemáticos da Pobra, incluíndo no percorrido unha parada, que xa consideran obrigatoria, no Museo Valle-Inclán, onde foron recibidos pola técnica do centro, Begoña Olveira, para ser conducidos polas diversas salas que compoñen o itinerario do edificio. Igual que en ocasións anteriores aproveitaron a ocasión para levar un recordo fotográfico do seu paso por tan distinguido edificio.

A continuación dirixíronse cara o Concello, onde foron recibidos e felicitados polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, o tenente alcalde, Manuel Fontao, a concelleira de cultura, Encarna González, e o xerente da empresa de buceo Palmira Scuba, José Manuel Fernández, onde tamén foron agasallados cun libro da Ruta Fluvial Xacobea Mar de Arousa e Ulla e unha guía da Pobra do Caramiñal.

28 de xuño de 2013 | 21:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.