A biblioteca provincial da Coruña organiza un taller de pintura para rapaces de máis de 7 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+

A Biblioteca Provincial da Coruña acollerá durante as próximas semanas o taller de pintura ‘Da Man de Ícaro’ para nenos maiores de sete anos.

A actividade terá lugar na sede da Biblioteca Provincial en quendas dunha semana e será impartida por Luisa Valdés, en horario de 11 a 13 horas.

As persoas interesadas en participar neste curso poden inscribirse na sede da Biblioteca en horario de 10.30 a 13.30 horas pola mañá, e de 17 a 20.30 horas pola tarde. Tamén poderán facelo chamando ao número de telefono 981080171 desde as 11.30 horas

Para participar nesta actividade, de carácter gratuíto, é imprescindible presentar o carné de socio. Terán preferencia os socios que finalicen o ‘bonolibro’.

As quendas serán do 25 ao 29 de xuño; do 1 ao 5 de xullo; do 8 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo; e do 22 ao 30 de xullo.

18 de xuño de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.