A biblioteca municipal do Carballiño prepárase para o verán
Os responsables da biblioteca municipal do Carballiño realizaron unha programación para continuar coa liña de dinamización deste centro da vila do Arenteiro. Así, dende o próximo 1 de xullo e ata o 31 do mesmo mes, desenvolveranse talleres dirixidos, especialmente, aos usuarios máis pequenos. Talleres de reciclaxe, modelaje con plastilina, debuxo, ou mini xefe de cociña.
Todas estas actividades, que se engloban no programa “Somérxete na Biblioteca”, desenvolveranse en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas. Así mesmo dende a biblioteca municipal infórmase a todos os usuarios que o novo horario de verán, que empezará a funcionar o próximo luns 1 de xullo, será de 9:00 a 13:30 horas.











