A biblioteca do Carballiño abre para os estudantes que se presentan á selectividade
A Blblioteca municipal do Carballiño abrirá dende este xoves, 6 de xuño, ás 15:30 horas, para facilitar un lugar de estudo cómodo e tranquilo a todos os estudantes do Carballiño que se presentarán ás probas de selectividade neste curso.











