A Banda de Música de Vilagarcía ofrece un concerto en homenaxe ao edil Antonio Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Banda de Música de Vilagarcía ofrecerá o domingo un concerto en homenaxe ao concelleiro Antonio Carballo, que finou o pasado mes de marzo de forma repentina. A homenaxe organizada polo Concello terá lugar no parque do Piñeiriño, barrio no que residía “Tucho” e comezará ás 20:00 horas.

O recoñecemento póstumo ten unha triple significación. Primeiro por celebrarse no barrio do edil; segundo pola data elixida, a véspera de San Xoán, unha das festividades das que máis gozaba o edil; e terceiro porque correrá a cargo da Banda de Música de Vilagarcía, outra das grandes afeccións de “Tucho”.

23 de xuño de 2013 | 10:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.