A Banda da Escola Municipal de Música poñerá mañá o punto e final ao curso cun concerto en Mera
Mañá venres 28 de xuño ás 20 horas terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o concerto de fin de curso da Banda da Escola Municipal de Música. No acto tomarán parte os alumnos das prebandas e da banda e tamén o ballet da Escola Municipal de Danza. Éntrada
é gratuíta ata completar aforo.
Con esta actuación a Escola de Música de Oleiros pon o broche de ouro a un curso magnífico no que o número de matrículas viuse incrementado e onde a actividade docente se desenvolveu de forma satisfactoria. A escola, do mesmo xeito que o fará a de danza, retomará a súa actividade no próximo mes de setembro.











