A Asociación Galega de Axuda á Adopción “Manaia” fala sobre escola e adopción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Asociación Galega de Axuda á Adopción “Manaia” celebra unha charla/coloquio a cargo de Margarita Muñiz Aguilar, recoñecida educadora, conferenciante e directora da revista Familia e Adopción, mañá, 8 de xuño ás 12h na Sala Valdecorvos da Casazul.

Esta iniciativa, que recibe o nome “A Escola tropeza coa adopción”, está dirixida a socios e aos seus acompañantes en proceso de pre-adopción ou post-adopción.

Os nenos menores de tres anos contarán cun servizo de ludoteca previa confirmación de asistencia. Os seus país disfrutarán tralo coloquio dun
xantar froito dos produtos que cada asistente quera aportar á reunión.

Para máis información ou confirmación de asistencia, escribir ao enderezo electrónico manaia@manaia.es ou contactar no teléfono 610 635
757.

7 de xuño de 2013 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.