A área de Sanidade organiza unha charla sobre hábitos saudables para os máis pequenos
A área de Sanidade, que dirixe o edil Martín Nogueira, organizou unha charla este martes, 18 de xuño, ás 20:00 h na Casa da Cultura do Concello de Carballiño, dirixida a pais e nais e na que se falará sobre os hábitos saudables entre os máis pequenos, alimentación e exercicio como base dun bo crecemento.
A charla, que é aberta a todos os interesados, será impartida por Marta Pumar Novoa técnico superior en nutrición e dietética. Esta actividade está organizada por TEC EiDO, oficina técnica agrícola S.L, e o concello do Carballiño.











