A área de Benestar Social finaliza as actividades dirixidas aos maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

A edil de Benestar Social, Purificación Alberte, acompañou aos máis de 75 veciños que participaron nas actividades que esta área programo durante o presente ano, e que culminaron cunha ruta de sendeirismo polos camiños do Arenteiro, e un aperitivo nas dependencias de Bo día Familia.

En total foron máis de 75 os veciños que participaron nesta actividades, talleres de memoria, acuagym, ximnasia de mantemento ou ximnasia nos parques biosaludables. Todos os participantes agradeceron esta programación, e solicitaron á edil que se continuase o próximo curso. Unha petición que xa tiña previsto atender a edil carballiñesa, quen anunciou tamén que “agora empezamos coas actividades para os máis pequenos, durante todo o verán,”.

19 de xuño de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.