A aldea de Gindiboo, no Concello de Ordes, celebrará este sábado as súas festas na honra de San Antonio
A aldea de Gindiboo, pertencente á parroquia de Santa Cruz de Montaos no Concello de Ordes, celebrará este próximo sábado día 8 a súa festa na honra de San Antonio. Unha celebración que dará comenzo ás 13 horas cunha misa solemne, e que estará seguida da actuación do grupo de gaitas Os Pelexos de Montaos e do grupo Alcázar, quenes non só animarán a sesión vermout senón tamén a verbena nocturna. A xornada contará con pulpeiras e postos con churrasco entre outras atraccións.











