A AFAC celebra mañá a súa cea fin de tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) celebra mañá, día 20 de xuño, a Cea Final de Tempada 2012-2013 no Restaurante Miradoiro de San Pedro ás 21.30 horas. O acto servirá para poñer punto e final á tempada coa presenza de todos os clubs pertencentes á asociación, representantes da corporación municipal, Deputación e Xunta de Galicia, Federación Galega de Fútbol e colaboradores/patrocinadores da AFAC.

A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña, presidida por Manuel Vázquez Martínez, entregará na cea final de tempada as distincións en recoñecemento á fidelidade e traballo a favor do fútbol afeccionado coruñés a aquelas persoas propostas polos clubs da AFAC con anterioridade e que recibirán a sorpresa no propio acto de clausura da campaña.

19 de xuño de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.