A AFAC abriu hoxe o prazo de inscrición para o Campus de Fútbol de Verán
A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) abriu hoxe o prazo de inscrición para a décimo cuarta edición do Campus de Fútbol AFAC de Verán. O Campus que se celebra nos meses de xullo e agosto conta na presente edición con dúas grandes novidades, a primeira é a existencia dunha quinta quenda, o comprendido entre o 26 de agosto e o 6 de setembro, e a segunda novidade o grupo especial de porteiros.
As idades nas que está comprendido o campus é de 5 a 13 anos, sendo o seu custo de 90 euros sen transporte e de 100 euros con trasporte. O horario do campus é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Todos os interesados en inscribirse poden facelo na web www.afacoruna.com ou informándose no 981.272.656.











