A actividade de animación á lectura que se ía celebrar mañá trasládase ao día 26 deste mes
O Concello de Ares informa de que a actividade de animación á lectura prevista para mañá mércores trasládase ao día 26 deste mesmo mes pola folga comarcal. Deste xeito, “As dúbidas dos animais”, nome da iniciativa enmarcada no programa “Ler conta moito”, desenvolverase ás oito da tarde na biblioteca municipal, na Alianza Aresana, na xornada do 26.
Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia, vai dirixida a un público familiar e, como todas as actividades que se levan a cabo na biblioteca, será de balde.











