7ª Andaina Saudable Eurocidade – Trilho do Real
O próximo sábado 8 de xuño terá lugar a sétima andaina saudable da Eurocidade 2013, “Trilho do Real” en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, e dentro do programa de actividades “Eurocidade Valença-Tui: Xuño Activo / Junho Activo”.
Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Gandra (Valença), tendo un percorrido de 6 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença.











