75 alumnos das Doroteas farán o roteiro dos Bolechas esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto
de ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

O mércores 5 de maio farán o roteiro un grupo de 50 alumnos/as, que sairán da praza da Peregrina en dúas quendas: ás 9.30 e ás 11.30 horas. O vindeiro venres 7 farán este mesmo roteiro un grupo de 25 alumnos/as deste centro, que sairán ás 11.30 horas. O total de nenos e nenas das Doroteas que coñecerán mellor Pontevedra da man dos Bolechas será un total de 75. Ao remate do roteiro cada participante será obsequiado con cadanseu exemplar da publicación Excursión pola zona vella de Pontevedra cos Bolechas.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos
informados.

3 de xuño de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.