400 corredores participaron na BTT Clube Ciclista Corredoira con motivo das Festas da Rosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMos
A-
A+
Saída da BTT Clube Ciclista Corredoira

Saída da BTT Clube Ciclista Corredoira

O concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, informou hoxe da participación duns 400 corredoress na marcha BTT Clube Ciclista Corredoira, incluída dentro da programación das Festas da Rosa 2013. O evento deportivo, organizado conxuntamente polo Concello de Mos e o Clube Ciclista Corredoira, tivo lugar onte, dando saída ás 09.45 horas dende o Pavillón Óscar Pereiro. Os primeiros ciclistas en realizar a proba, cun percorrido de 32 kilómetros, chegaron á meta ás 12.30 horas, mentres que os últimos fixérono unha hora despois, sobre as 13.30 horas.

O percorrido da ruta transcorreu polo termo municipal de Mos, con regreso ó punto de partida, o Pavillón Óscar Pereiro, onde os participantes dispuxeron de duchas e servizo de limpeza de bicicletas.

A dificultade da BTT Clube Ciclista Corredoira está catalogada como media-alta, polo que puideron participar nela as persoas maiores de idade ou menores con autorización dos seus pais.

Táboas declarou hoxe que “dende a concellería de Deportes estamos satisfeitos de ter logrado manter o índice de participación na proba do ano pasado, acadando na presente edición arredor de 400 corredores, unha cifra nada despreciable que esperamos seguir mantendo, ou incluso aumentando, durante moitos anos”, dixo o edil.

Unha vez finalizada a marcha, durante a que os ciclistas recibiron avituallamento, celebrouse un sorteo de agasallos e serviuse un tentempé para os participantes na proba.

10 de xuño de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.