1ª Feira de Segunda Man e Troco en Barro
DATA de celebración: o 22 xuño xuño na explanada do pavillón municipal, en horario de 11:00 a 19:00 horas.
Sorteo durante a feira: durante a celebración sortearemos: unha noite en habitación dobre mais almorzo na Casa Rural “Os Carballos”, unha cesta degustación de Cervexas Saramagal e unha cesta degustación de Viños Rias Baixas, donados para esta esta ocasión. Para recoller os premios as persoas (maiores de 18 anos de idade) deberán identificarse co DNI.
INSCRIPCIÓN:
Para participar nun posto de venda ou troco é necesario inscribirse na OMIX por riguroso orde de entrada.
– Só se pode inscribir unha persoa por domicilio + un acompañante.
– As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición ata o xoves 20 de xuño, ata completar o número máximo de postos permitidos (un total de 40).
– Para a inscripción os interesados cubriran unha ficha, que poden recoller na oficina municipal de información xuvenil ou solicitala ao correo electrónico omix@barro.es.
QUE SE PODE VENDER?
O CONCELLO FACILITA:
-Unha mesa coa marca do lugar onde estará.
-Unha tarxeta identificativa.
Mais información na OMIX de Barro 986714806 ou nas BASES que están na web www.barro.es