15 nenos participan no Campus Celta-Concello de Mos

Participantes no campus futbolístico
Esta mañá presentouse o Campus Celta-Concello de Mos, ás 10.00 horas no Campo de Fútbol das Baloutas, e contando coa presencia de Isidoro Taboas, concelleiro de Deportes de Mos, Serafín Alonso Barbosa, director da Fundación Celta de Vigo, Pablo Alonso Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos, Sara Cebreiro, edil mosense de Cultura e Benestar Social, Kely Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá, o coordinador do Campus de Mos, Diego García Organero, o monitor e técnico Marcos Alonso, e os 15 nenos participantes no Campus (con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos de idade).
O Campus comenzou a desenvolverse xa onte, luns 24 de xuño, e prolongarase ata o día 29 deste mesmo mes no Campo de Fútbol das Baloutas. O horario de desenrolo deste campus de fútbol infantil é de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso de 11.45 horas a 12.30 horas para merendar un bocadillo, froita e hidratarse con auga.
A metodoloxía que utilizan os monitores da Fundación Celta de Vigo neste Campus baséase no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e combinación de fútbol máis inglés. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no Campus vaian pasando polas catro diferentes áreas de traballo.
Os pequenos mosenses participantes nesta iniciativa recibirán tamén ó longo desta semana dúas charlas combinadas con material videográfico sobre os valores no deporte e como inculcarllos ós xoves deportistas, e nutrición e hábitos de alimentación saudables. Ó rematar a semana, os xogadores que teñan destacado nas actividades desenvolvidas durante o Campus, serán premiados con adestramentos coa categoría do Real Club Celta de Vigo que lles corresponda por idade.
Os obxectivos deste Campus son, segundo explicou Isidoro Táboas, “facilitar ós pais e nais mosenses a concienciación da vida familiar e laboral unha vez iniciadas as vacacións estivais dos máis pequenos, fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.











