117 nenos e nenas comezan o luns os campamentos urbanos de verán organizados por Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os Campamentos Urbanos de Verán arrancan o luns pola mañá nas sedes dos colexios da Escardia e O Piñeiriño e cun total de 117 nenos anotados. A Concellería de Xuventude promove este programa co obxectivo de ofrecer unha alternativa lúdica e socio educativa coa que ocupar o tempo de ocio dos nenos durante as vacacións estivais, así como para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal das familias cuxos proxenitores traballan e non poder atender aos seus fillos durante as vacacións.

Os Campamentos Urbanos de Verán desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto nos centros de Piñeiriño e A Escardia. Impartiranse de luns a venres, do 1 de xullo ao 30 de agosto, en horario de mañá (de 9 a 14 horas). Co obxecto de facilitar a conciliación e que as familias poidan axustar o traslado dos nenos aos seus horarios de entrada e saída do traballo, establécense dúas quendas para chegada (de 9 a 9:10 horas e de 10 a 10:10) e dúas de recollida (de 13 a 13.10 horas e de 13.50 e as 14.00). Ademais, as familias puideron elixir a duración do servizo para axustalas ás necesidades particulares de cada caso, anotando aos seus fillos aos dous meses, a un ou a unha quincena.

A actividades a impartir nos campamentos inclúen obradoiros artísticos e creativos, manualidades, xogos guiados e libres co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos cativos dun xeito ameno é vez que educativo.

30 de xuño de 2013 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.