publicidade hoxe

XXV Marcha Ciclista Popular das Letras Galegas en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

14052013-7No ano 1989 a un grupo de profesores e profesoras do CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño ocorréusenos organizar unha Marcha Ciclista, como unha actividade máis das que se realizaban  na escola co gallo de celebrar a Semana das Letras Galegas daquel ano. O éxito desta actividade, non só entre os nosos alumnos e alumnas senón tamén entre os país e nais e os cidadáns e cidadás do concello en xeral, fixo que nos seguintes anos insistíramos na organización desta proba lúdico-deportiva; foi a partires do ano 1990 que a organización recaeu na Asociación de Nais e Pais da escola que, en colaboración con algúns profesores do centro, lévana realizando ata a data de hoxe.

A Marcha, que non ten ningún carácter competitivo, desarróllase sempre un domingo a seguir do día das Letras Galegas percorrendo a vila mailas parroquias das que a nosa escola recibe alumnado: Salvaterra, Oleiros, Fiolledo, Corzáns, Pesqueiras e Fornelos sendo, despois de 25 anos, unha cita esperada e ineludible do maio do noso concello; grandes e mozos, pais, nais , nenos e nenas e en xeral todos os habitantes de Salvaterra de Miño esperan con ilusión e ganas de participar a chegada da semana das Letras Galegas para participar na súa Marcha Ciclista.

A organización desta proba ven sendo posible todos estes anos grazas ás casas comerciais da vila e das parroquias que, coa súa desinteresada colaboración, fan posible este acontecemento no noso concello. Tamén a axuda do goberno do concello ten sido determinante para que a nosa proba siga a ter saúde e se desarrolle ano a ano ata o día de hoxe.

Tamén quereriamos lembrar a todos os que dende as sucesivas Xuntas Directivas da ANPA que nalgún dos anos precedentes traballaron para que a marcha Ciclista se levase a cabo xa que o seu gran traballo, ás veces pouco valorado e nunca recompensado fixeron que a actividade permaneza na memoria de todos os habitantes.

Dado que neste 2013 se cumpren 25 longos anos dende aquela primeira vez na que recorremos as estradas do concello quereríamos darlle un brillo especial a celebración deste  ano para chamar a atención na realidade dunha actividade que se tornou nunha das máis antigas das que se realizan no concello. Para elo a maiores da propia Marcha pensamos organizar unha exposición das fotos “25 anos de Marcha” que seguramente moita xente do noso pobo ten gardadas na súa casa; con elas montaríamos unha exposición na Casa da Cultura de Salvaterra para que todos os habitantes da vila e das parroquias puidesen gozar das instantáneas que os seus veciños atesouran ao longo dos anos.

14 de maio de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.