publicidade hoxe

Xuxo Malone expón a súa mostra “Imperfeccións” no auditorio de Goián de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTomiño
A-
A+

16052013-15Xuxo Malone exporá a partir do sábado 18 de maio a mostra “Imperfeccións”, unha exposición escultórica na que o autor utiliza diferentes técnicas artísticas. A mostra permanecerá aberta ata o día 2 de xuño, e a inauguración será o sábado 18 de maio ás 20.00 horas, no Auditorio de Goián.

Xuxo Malone (artista autodidacta nado en A Guarda e veciño de Tomiño), comezou a experimentar con diferentes técnicas artísticas na súa infancia e mocidade, gañando no colexio e instituto varios premios de pintura, deseño de cartaces, traballos manuais, etc.

Máis tarde, comezou a traballar nunha cerámica familiar, onde aprendeu o oficio de alfareiro. A partir do ano 1997 comeza a expoñer a súa obra pola comarca do Baixo Miño. Preferentemente fai escultura en cerámica, pero tamén debuxa, pinta con lapis, carbonciño, prumiña, óleo, etc.

Persoa de imaxinación inqueda e autodidacta, experimenta con diferentes técnicas artísticas.

16 de maio de 2013 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.