Xornadas psitácidos en Poio
O sábado 4 e o domingo 5 de maio o Salón de actos da Escola Obradoiro da Reiboa acollerá unhas xornadas sobre os psitácidos, que se desenvolverán de 10 a 19 h..
Durante as xornadas trataranse os aspectos máis relevantes no que concirne á cria e coidados de loros, papagaios, agapornis… Do mesmo xeito, tamén durante a fin de semana, e dentro destas actividades se realizará unha exhibición de vóo libre.
O número de inscritos que participarán nas xornadas é de 25 persoas que chegarán ao Concello de Poio procedentes de diveras áreas da contorna, como Pontevedra ou Baiona, así como doutros puntos de España, como é o caso de participantes de Barcelona.











