publicidade hoxe

Xornadas de Saúde na Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

09052013-4O Concello da Pobra do Caramiñal colabora nunhas Xornadas de Saúde, que se veñen levando a cabo no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra os venres ás 20:30 h,organizado pola Asociación Madoan (Mulleres en Igualdade da Pobra do Caramiñal) e a clínica Silvia Ayaso.

Durante as xornadas trataranse, entre outros temas:

– Claves para o éxito persoal.

– Cómo combatir o estrés.

– O envellecemento activo e o deterioro cognitivo na terceira idade.

– Cómo convivir con persoas con tendencias depresivas.

– As relacións sociais na infancia e a adolescencia: o bullying e o ciberbullying.

– O estrés no traballo.

– A psicoloxía no deporte.

9 de maio de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.