Xornada informativa no Día Mundial da Esclerose Múltiple o mércores 29 de maio
Este mércores 29 de maio, co gallo da celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, a Asociación Viguesa de Escleroses Múltiple de Pontevedra (Avempo) coa colaboración do Concello de Tui a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha xornada informativa que terá lugar de 16,30 a 18,30 horas no Edificio Área Panorámica de Tui.
Na actualidade esta enfermidade afecta a dous millóns de persoas en todo o mundo, namentras que en España a padecen arredor de 46.000 persoas. Esta enfermidade manifestase principalmente entre os 20 e os 40 anos de idade, sendo a primeira causa de discapacidade non traumática entre mozos e adultos en España.
A investigación en novos tratamentos e con células nai é unha esperanza para os afectados que ven, nos recortes á investigación, un freo no manexo deesta enfermidade incurable.
Para ofrecer información e asesoramento a todos os afectados e aos seus familiares se realiza esta xornada informativa Neste acto os membros da Asociación Viguesa de Escleroses Múltiple de Pontevedra informarán sobre os servizos de apoio e tratamento que ofrecen tanto para os seus asociados como para todos os afectados por esta enfermidade.