Xornada de divulgación e sensibilización sobre o ecosistema dunar de Praia América e Panxón
A empresa Babadiva Ambiental, en colaboración co Concello de Nigrán e a Universidade de Vigo, celebrará o vindeiro sábado 11 de maio unha xornada de divulgación e sensibilización sobre o ecosistema dunar de Praia América e Panxón. A actividade consistirá nunha visita divulgativa da importancia dos valores naturais do espazo dunar, así como da necesidade de preservalos.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas -de todas as idades- en compartir esta experiencia e fomentar a biodiversidade. Os interesados en participar poderán participar tamén na eliminación da flora invasora e replantación de especies. Máis información nos correos maruxa@uvigo.es e babadiva.ambiental@gmail.com, ou nos teléfonos 620 954 744 e 618 320 033.