publicidade hoxe

Xincana literaria no Concello de Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

09052013-19Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Dodro organiza o vindeiro xoves 16 de maio, ás 17:00 horas, unha ximcana literaria na Biblioteca Pública Municipal. Esta actividade estará dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, e consistirá nunha descuberta da biblioteca e os seus fondos documentais a través dunha bateria de probas que terán como contido os xogos e recursos literarios en lingua galega. No marco da mesma traballarase a figura e obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se lle rinde homenaxe este ano no Día das Letras Galegas. Ao final da experiencia as/os menores participantes recibirán libros e agasallos, o prazo de inscrición para asistir a esta actividade remata o día 14 de maio. O obxectivo da ximcana literaria é promover dun xeito lúdico o coñecemento, valoración, conservación e uso da lingua galega dende a infancia, como símbolo da nosa identidade, cultura e pobo.

9 de maio de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.