publicidade hoxe

Ximnasia rítmica no Concello de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoDeportesLocal
A-
A+

O Concello de Cerdedo organiza este domingo unha importante competición deportiva de ximnasia rítmica no Pavillón Municipal de Deportes. As probas desenvolveranse ao longo do domingo (mañá e tarde) e acudirán máis de 200 deportistas de clubs de toda Galicia (III Torneo Amizade). Participarán clubs como As Triscas, Apostos Santiago, Porriño, Treboada, etc… O concello colaborará con esta actividade cedendo o pavillón deportivo e o Alcalde acudirá á entrega de trofeos que será arredor das 18.30 horas.

10 de maio de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.