publicidade hoxe

Xa se inscribiron 50 persoas na II xornada sobre emprego e novas tecnoloxías organizada pola mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, organiza este xoves día 30 a segunda edición da Xornada sobre Emprego e Novas Tecnoloxías no Centro Sociocultural Novacaixagalicia Ferrol, situado na praza da Constitución, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:15 horas. O encontro, organizado polo organismo supramunicipal en colaboración da Deputación Provincial da Coruña, conta xa con 48 persoas inscritas e o prazo de anotación no mesmo segue aberto, polo que os interesados poderán formalizar a inscrición de maneira gratuita e consultar o contido da xornada na páxina web: www.xornadaemprego.com.

No encontro participarán o profesor de Dereito do traballo da Universidade da Coruña, Ricardo López Mosteiro; o fundador de Coworking Spain, Manuel Zea; a fundadora de Coworking Gracia, María Ramos Sanz; o xerente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Luis Alberto Fernández Marqués; e TAGEN ATA. A xornada sobre as posibilidades e desafíos das novas tecnoloxías en relación co emprego analizará as ferramentas e sistemas de traballo que poden contribuír ao aforro das empresas, tanto económico como mediambiental, e así, favorecer o emprego e o emprendemento. Teletraballo, coworking ou software libre son conceptos que se van estendendo no mercado laboral e na xestión empresarial e dos que precisamos coñecer as súas vantaxes e os seus límites e desafíos. Os participantes neste encontro recibirán un certificado de asistencia.

27 de maio de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.