publicidade hoxe

Xa está en marcha o periodo de inscripcións para a VI Andaina de 30 ou 50 km organizada polo Centro Cultural do Coto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSalceda de Caselas
A-
A+

14052013-10Xa está aberto o periodo de inscripciós para a VI Andaina de 30 ou 50 km polo Concello de Salceda de Caselas, organizada polos integrantes do Centro Cultural do Coto.É a única Andaina que se realiza na provincia de Pontevedra e que está na copa de Galicia de Andainas.

A cita terá lugar o próximo día 1 de Xuño do 2013, tendo como punto de partida o Centro Cultural de O Coto ás 9 da mañá. Os camiñantes percorrerán as Ribeiras do Río Tinto, Caselas, Miño e ouro, disfrutando do entorno ripícola que acompañará gran parte do percorrido que transcurrirá maioritariamente polo Concello de Salceda de Caselas, así coma por determinados puntos dos Concellos de O Porriño, Salvaterra e Tui.

A Andaina componse por dous percorridos coincidentes de 30 km, de maior llanura e de grao de dificultade fácil, e o de 50 km que terá algúns desniveis que trán lugar nos primeiros 20 km, sendo o percorrido posterior de maior facilidade.

Todas as persoas que desexen participar poderán inscribirse en :http:/bretema.uvigo.es/andaina.htm, no correo electrónico manolo-andarin@hotmail.com. É moi importante inscribirse antes do 24 de maio, xa que é a data límite para anotarse a Andaina. O custe da Andaina é de 12 € por pesona, 10€ para as persoas que están federadas.

Xa son moitas as edicións realizadas polo Centro Cultural do Coto, que cada ano conta con máis de 700 participantes que percorren o noso territorio. É unha laboura e gran implicación por parte dos veciños que traballan arreo para a organización da camiñata que permite, ademáis da realización da proba deportiva o coñecemento do medio natural do noso entorno.

14 de maio de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.