publicidade hoxe

Volve abrir o parque infantil da Corva, en San Brais, logo da súa renovación integral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Os veciños de Salcedo poderán gozar do parque infantil da Corva, no lugar de San Brais, dende hoxe mesmo.

A Concellaría delegada da parroquia, que xestiona Demetrio Gómez, realizou un arranxo integral desta área infantil, que é unha das máis empregadas polos nenos da parroquia, nestas semanas o que obrigou a pecharla. Unha vez rematada está previsto que ao longo da xornada de hoxe volva a abrirse para uso dos máis pequenos.

Os traballos consistiron nun arranxo integral deste espazo coa reparación ou substitución dos elementos de xogo, limpeza e desinfección da
area do parque para que estea en óptimas condicións de cara ao verán, estación na que estas áreas infantís son máis empregadas.

A Concellaría quere agradecer a colaboración dos veciños – especialmente dos máis pequenos, principais prexudicados- durante os días
que o parque estivo pechado. Os traballos de arranxo remataron onte pola tarde, e está previsto que ao longo da xornada de hoxe xa estea operativo.

13 de maio de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.